Saltar ao contido

Ramiro Paz Carbajal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamiro Paz Carbajal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1891 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntipógrafo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1679787 Nomes e Voces: 71

Ramiro Paz Carbajal, nado en Pontevedra o 29 de xuño de 1891 e finado no mesmo concello o 12 de novembro de 1936, foi un tipógrafo e político galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 13 anos trasladouse a Vigo, onde traballou como aprendiz de tipógrafo en Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Logo marchou á Arxentina de onde regresou en 1917. Ingresou na Agrupación Socialista de Pontevedra e en 1918 dirixiu Acción Obrera. En 1920 foi elixido presidente da Agrupación Socialista, presidente da Federación Obreira local e concelleiro de Pontevedra e dirixiu Nueva Aurora. En setembro de 1920 marchou outra vez a Arxentina, permanecendo en Buenos Aires ata 1922. Ao regreso estableceu unha imprenta propia "La Popular" con José Benito García Santiago. Acusado de militancia comunista, foi detido o 14 de abril de 1924 con Francisco Otero Juncal, Amando Guiance Pampín e Valeriano Barros.[2] Participou na reorganización da Agrupación Socialista de Pontevedra "La Internacional" en maio de 1931 e dirixiu La Hora (1931-1933).

Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936.

Foi elixido presidente da AS de Pontevedra en 1933. Pertenceu ao Comité Revolucionario Provincial de Pontevedra durante a folga xeral revolucionaria de 1934 polo que foi detido e a súa imprenta "La Popular" asaltada e destruída. En 1936 foi membro da Comisión Xestora da Deputación Provincial, presidente do Comité Provincial da Fronte Popular, presidente da Asociación Tipográfica e presidente da Federación Provincial Socialista de Pontevedra. En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE por Pontevedra para a elección do novo Presidente da República.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido o 20 de xullo e recluído na Escola Normal convertida en prisión. O 22 de outubro foi trasladado á Illa de San Simón onde permaneceu ata o 31, cando foi trasladado a Pontevedra. Xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro, foi condenado a morte. Foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.

Querela arxentina contra os crimes do franquismo

[editar | editar a fonte]

En 2019 a súa familia incorporouse á Querela arxentina contra os crimes do franquismo.[3]

  1. Fundación Pablo Iglesias
  2. Galicia, 16-3-1924, p. 1.
  3. "Amalia Bóveda: "Aquí o futuro nos foi roubado, aquí o presente comeza a reclamalo"". Praza Pública. 2019-11-17. Consultado o 2019-11-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]